Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Actividades formativas en colaboración coa CSIF-Galicia

    A Escola / Mércores, 17 de Agosto de 2016.

    De acordo co convenio de colaboración asinado entre a Escola Galega de Administración Pública e a Central Sindical Independiente y de Funcionarios de Galicia (CSIF-Galicia) convócanse as seguintes actividades formativas:





    CV16029. Curso de boas prácticas para a prevención de riscos laborais nas residencias da terceira idade
    Destinatarios: traballadores de Galicia que desenvolven a súa actividade en residencias da terceira ideade, centros de día e asimilados
    Edicións: 6
    Duración: 15 horas por edición
    Lugares, datas e horarios:
    - Boiro: 24 de setembro e 8 de outubro de 9.30 a 14.30 e de 15.45 a 20.45 h.
    - Cerdedo: 24 de setembro, 1 e 8 de outubro das 9.00 ás 14.00 h.
    - Lugo: 17 e 24 de setembro de 10.00 a 14.00 e de 15.30 a 19.00 h.
    - Ortigueira: 24 de setembro, 1 e 8 de outubro de 9.00 a 14.00 h.
    - Teis: 24 de setembro, 1 e 8 de outubro de 9.00 a 14.00 h.
    - Toén: 8 e 15 de outubro de 10.00 a 14.00 e de 15.30 a 19.00 h.
    Prazas: 20 por edición

    CV16030. Curso práctico para a xestión da prevención de riscos laborais en educación infantil (0-6 anos)
    Destinatarios: traballadores de Galicia que exercen a súa actividade no ámbito da educación infantil
    Edicións: 6
    Duración: 15 horas por edición
    Lugares, datas e horarios:
    - Cambre: 24 de setembro e 8 de outubro de 9.00 a 14.00 e de 15.30 a 20.30 h.
    - Lugo: 1 e 8 de outubro de 10.00 a 14.00 e de 15.30 a 19.00 h.
    - O Milladoiro: 24 de setembro, 1 e 8 de outubro de 9.00 a 14.00 e de 15.30 a 20.30 h.
    - Nigrán: 24 de setembro, 1 e 8 de outubro de 9.00 a 14.00 h.
    - Ourense: 24 de setembro e 1 de outubro de 10.00 a 14.00 e de 15.30 a 19.00 h.
    - Pontevedra: 24 de setembro, 1 e 8 de outubro de 9.00 a 14.00 h.
    Prazas: 20 por edición

    CV16031. Defensa persoal profesional para traballadores/as ante situacións de violencia laboral física
    Destinatarios: traballadores dos diversos sectores produtivos de Galicia, preferentemente no ámbito público
    e que desenvolven tarefas ou funcións que impliquen a atención ao público e/ou relacións de carácter interpersoal
    Edicións: 4
    Duración: 20 horas por edición
    Lugares e datas:
    - A Coruña: 4 e 5 de outubro
    - Lugo: 19 e 20 de setembro
    - Ourense: 6 e 7 de outubro
    - Pontevedra: 21 e 22 de setembro
    Horario: de 9.00 a 14.00 e de 15.30 a 20.30 h.
    Prazas: 20 por edición

    CV16032. Práctica preventiva para a actuación en plans de evacuacións, emerxencias e primeiros auxilios
    Destinatarios: traballadores dos diversos sectores produtivos de Galicia e, principalmente, aqueles traballadores que poidan ser designados nos procesos de organización e coordinación deste tipo de actividades na empresa.
    Edicións: 4
    Duración: 15 horas por edición
    Lugares e datas:
    - A Coruña: 22 e 23 de setembro
    - Lugo: 26 e 27 de setembro
    - Ourense: 4 e 5 de outubro
    - Pontevedra: 17 e 18 de outubro
    Horario: de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas
    Prazas: 20 por edición

    CV16033. Prevención de riscos laborais derivados das adicións no traballo
    Destinatarios: traballadores ou persoal de Galicia que desenvolve tarefas de atención ao público, coordinación de grupos, xestión de persoal ou similares
    Edicións: 4
    Duración: 15 horas por edición
    Lugares e datas:
    - Lugo: 19, 20 e 21 de setembro
    - Ourense: 4, 5 e 6 de outubro
    - Santiago de Compostela: 18, 19 e 20 de outubro
    - Vigo: 27, 28 e 29 de setembro
    Horario: de 16.00 a 21.00 horas
    Prazas: 20 por edición

    O prazo de inscricións nestas actividades será as 8.00 horas do 18 de agosto ata as 23.55 horas do 8 de setembro en https://egap.xunta.gal/matricula
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 506 de 1208
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212