Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso monográfico O emprego público no décimo aniversario do EBEP

    Cursos / Martes, 7 de Novembro de 2017.

    En abril deste ano cumpriuse unha década da aprobación do Estatuto Básico do Empregado Público. Pasado este tempo, resulta conveniente facer balance para analizar os aspectos que si se aplicaron e aqueloutros que están aínda pendentes, identificando as causas deste incumprimento e propoñendo as posibles solucións. Ademais, abordaranse outros retos do emprego público en España, como son a xestión pública dos recursos humanos ou a laboralidade e a temporalidade do emprego público. 


    Persoas destinatarias: persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, das administracións públicas de Galicia, tanto autonómica como local e de xustiza, dos entes instrumentais da Comunidade Autónoma, das universidades do Sistema universitario de Galicia, profesionais e persoas interesadas en xeral.
    Lugar: EGAP, Santiago de Compostela
    Datas: 23 e 24 de novembro
    Horario: o 23 de novembro en horario de mañá e tarde e o 24 de novembro en horario de mañá
    Duración: 12 horas lectivas
    Inscrición: desde as 8 horas do 8 de novembro ata as 23 horas do 20 de novembro en http://egap.xunta.gal/matricula

    Máis información no DOG do 7 de novembro ou na ficha do curso.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 627 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212