Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Apertura de solicitudes para participar na Mostra de arte das Letras Galegas da EGAP

    A Escola / Venres, 20 de Abril de 2018.

    A Escola Galega de Administración Pública, xunto coa Asociación Galega de Arte e Cultura, abre o prazo de solicitude para participar na Mostra de arte das Letras Galegas do ano 2018. Poderá participar o persoal empregado público ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e entidades públicas instrumentais do sector público autonómico de Galicia. 


    Requisitos:
    • Cada participante poderá presentar unha obra por modalidade artística (pintura, escultura, gravado, colaxe, debuxo, cerámica, tapiz, vídeo, maquetas, papiroflexia, etc.
    • A dimensión das obras non poderá exceder de 100x100cm e para as esculturas as medidas máximas estabécense en 150x70x50cm.
    • Enviar a agaec2016@gmail.com:
      • unha solicitude asinada utilizando o modelo anexo, sendo a data límite o 30 de abril
      • a ficha técnica, redactada en galego, da obra ou obras enviadas (título, técnica, medidas e prezo)
      • unha fotografía de cada un dos traballos, en formato jpg, cunha resolución mínima de 300px

    Para máis información ler o PDF anexo. 




  • Recursos
  •   Instrucións e solicitude de participación  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 669 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212