Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Publicado o número 54 da Regap

    Publicacións / Venres, 20 de Abril de 2018.

    Xa dispoñible para a súa consulta e descarga a través da página web da EGAP o número 54 da Revista Galega de Administración Pública (Regap), correpondente ao periodo xullo-decembro 2017.


    Esta nova publicación inclúe entre as súas páxinas varios estudos sobre temas tan actuais en torno ao sector público coma as medidas da Administración pública a favor da contratación das persoas con discapacidade, as medidas de fomento da transparencia na adxudicación de contratos no sector público, o novo réxime das notificacións administrativas ou a controvertida caracterización do contrato administrativo especial.

    Ademais, o número 54 da Regap contén artigos que abordan a reconstrución da noción xurídica das empresas públicas peruanas, os fondos europeos de inversión e a transformación do emprego público en España a través da xurisprudencia europea.

    Ligazón de descarga: https://egap.xunta.gal/Documentos/Publicacions/[1524204132]Regap_54.pdf 

  •   Anterior Seguinte  
    Pax 670 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212