Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Convocatoria extraordinaria coas actividades máis demandadas e con cursos sobre e-admón e seguridade

    Cursos / Luns, 23 de Abril de 2018.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca no DOG do 23 de abril un total de 108 edicións formativas que inclúe aqueles cursos que contaron cunha maior demanda durante este ano e tamén cursos específicos en materia de administración electrónica e seguridade. 


    Estas actividades van dirixidas ao persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico e da Administración institucional. Ademais, ofértanse actividades formativas a empregados públicos pertencentes a outras entidades, organismos e institucións públicas cando así se establece na epígrafe "destinatario".

    Matrícula: desde as 8 horas do 24 de abril ata as 23.55 horas do 3 de maio en http://egap.xunta.gal/matricula 
    Número máximo de solicitudes: cinco por persoa

    Máis información no DOG do 23 de abril

  •   Anterior Seguinte  
    Pax 671 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212