Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso monográfico Mindfulness produtivo

    Cursos / Mércores, 25 de Abril de 2018.

    O mindfulness ou atención plena consolidouse recentemente como unha ferramenta destinada a incrementar a concentración, cuxa práctica habitual pode repercutir nunha mellora do rendemento e a creatividade, da consciencia dun mesmo e o control do estrés. No ámbito laboral relaciónase cunha mellora do clima laboral e a produtividade, así como da comunicación e o compromiso e implicación do persoal.


    O curso ten como obxectivo dotar de ferramentas o persoal empregado público para aumentar a súa capacidade de concentración, aprender a regular as emocións e a responder a calquera situación da forma adecuada. Ademais, incidirase na detección dos patróns de pensamento nocivos, mediante o uso da atención plena para potenciar a autoestima, as relacións persoais, a concentración, a consecución de obxectivos e o control do estrés. Todo isto enfocado a mellorar a produtividade, eficacia e eficiencia do alumnado no seu ámbito profesional.

    Persoas destinatarias: o curso diríxese ao persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, das administracións públicas de Galicia, tanto autonómica como local e de xustiza, dos entes instrumentais da Comunidade Autónoma e das universidades do Sistema universitario de Galicia.
    Data: martes, 8 de maio de 2018
    Horario: de mañá e tarde
    Lugar: Escola Galega de Administración Pública, Santiago de Compostela
    Duración: 8 horas 
    Número de prazas: 40

    Matrícula: desde as 8 horas do 26 de abril ata as 23.55 horas do 1 de maio en http://egap.xunta.gal/matricula 
    Todas as persoas solicitantes, excepto as que pertenzan á Administración autonómica ou á Administración de xustiza, deberán acreditar por correo electrónico dirixido a novas.egap@xunta.gal a súa condición de persoal empregado público na data de publicación desta convocatoria.

    Máis información na ficha do curso ou no DOG do 25 de abril



  •   Anterior Seguinte  
    Pax 672 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212