Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A Escola convoca a xornada Gobernanza, emprego público e boas prácticas na Administración

    Xornadas / Luns, 9 de Marzo de 2020.

    A Galicia que queremos debe contar cunhas administracións exemplares e eficientes, cuxo funcionamento estea orientado aos resultados e ao cumprimento e que, a través da rendición de contas aos cidadáns, permitan apreciar como a súa boa xestión converte os recursos captados en bens e servizos de calidade, o que debe contribuír a aumentar a valoración das institucións.


    Nesta liña, e no marco da elaboración do Plan estratéxico de Galicia 2021-2030 que determinará as liñas prioritarias de actuación da Administración autonómica galega na vindeira década, cómpre establecer un eixe estratéxico específico sobre Gobernanza pública, no que, dun xeito participativo, se definan os cambios que necesitan as nosas administracións para prestar mellores servizos aos cidadáns, ser máis modernas e eficientes e, en consecuencia, producir unha mellora da confianza na xestión pública.

    Para desenvolver este proceso participativo a Escola Galega de Administración Pública acollerá un ciclo de xornadas nas que expertos nas principais cuestións relacionadas coa Gobernanza exporán a súa visión, acompañados de profesionais na materia, co obxecto de xerar un debate participativo que permita detectar as prioridades neste eixe e concretar as medidas para acadalas con éxito.

    Persoas destinatarias: o persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, das administracións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, dos entes instrumentais da Comunidade Autónoma de Galicia e das universidades do Sistema universitario de Galicia, xuristas, profesionais e persoas interesadas en xeral.
    Data: martes, 17 de marzo de 2020
    Horario: de mañá e tarde
    Lugar: Escola Galega de Administración Pública, rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela
    Duración: 6 horas lectivas
    Inscrición: desde as 8 horas do 10 de marzo ata as 23.55 horas do 15 de marzo en https://egap.xunta.gal/matricula

    Máis información no DOG do 9 de marzo ou na ficha da xornada
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 854 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212