Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Actividades formativas de apoio á preparación das probas selectivas para o acceso por promoción interna

    Cursos / Mércores, 11 de Marzo de 2020.

    A EGAP convoca catro actividades formativas en liña dirixidas, cada unha delas, a apoiar a preparación das probas selectivas para o acceso, pola quenda de promoción interna, aos corpos superior, subgrupo A1; de xestión, subgrupo A2; administrativo, subgrupo C1; e auxiliar subgrupo C2 da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia. 


    Persoas destinatarias: poderá participar nas ditas accións formativas unicamente o persoal empregado público que teña solicitado participar nas probas selectivas convocadas para o acceso pola quenda de promoción interna aos corpos indicados anteriormente.

    Matrícula: desde as 8 horas do 12 de marzo ás 23.55 horas do 23 de marzo en https://egap.xunta.gal/matricula 
    *AVISO: Debido á situación excepcional a EGAP permitirá a matrícula fóra de prazo para estas actividades. Todas aquelas persoas que non puideran matricularse poderán enviar un correo electrónico a xestion.egap@xunta.gal solicitando a matrícula. Esta farase efectiva despois de que o persoal da Escola comprobe o cumprimento dos requisitos da convocatoria, momento no que o alumno/a recibirá un correo electrónico e/ou SMS de confirmación.

    Inicio das actividades: 30 de marzo
    Características das actividades: cada unha das actividades está composta de contidos multimedia actualizados e cuestionarios de corrección automática, que facilitan unha aprendizaxe autónoma máis efectiva. Os contidos de cada actividade formativa serán tutelados polos/as titores/as nomeados pola EGAP, que apoiarán os/as alumnos/as para a debida comprensión dos temas e a resolución de dúbidas e cuestións que poidan formularse durante un prazo de tres meses que se contará a partir da data de comezo da actividade. Para tal efecto, o alumnado disporá dos foros correspondentes.





  •   Anterior Seguinte  
    Pax 855 de 1207
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212