Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso monográfico Violencia de xénero na adolescencia

    Cursos / Mércores, 11 de Marzo de 2020.

    A EGAP convoca este curso monográfico coa finalidade de contribuír á incorporación da perspectiva de xénero nas tarefas que desenvolve o persoal empregado público nos diferentes ámbitos, poñendo o foco na forma en que a violencia de xénero afecta as mulleres adolescentes.


    Ademais, búscase fomentar o coñecemento e a análise crítica necesaria para a identificación das desigualdades, discriminacións e violencias explícitas existentes contra as adolescentes, de xeito que se posibilite a incorporación destes coñecementos ás actuacións públicas e se facilite o desenvolvemento de estratexias de prevención, detección e intervención.

    Persoas destinatarias: o persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, das administracións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, dos seus entes instrumentais e das universidades do Sistema universitario de Galicia.
    Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.
    Datas: 25, 26, 30 e 31 de marzo de 2020
    Horario: das 16.00 ás 19.30 horas
    Duración: 14 horas lectivas
    Número de prazas: 50

    Matrícula: desde as 8  horas do 12 de marzo ás 23.55 horas do 18 de marzo en https://egap.xunta.gal/matricula

    Máis información no DOG do 11 de marzo ou na ficha do curso
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 856 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212