Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    AVISO IMPORTANTE

    A Escola / Venres, 13 de Marzo de 2020.

    No DOG núm. 49-Bis publicouse o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de marzo de 2020, polo que se adoptan as medidas preventivas en materia de saúde pública na Comunidade Autónoma de Galicia, como consecuencia da evolución da epidemia do coronavirus COVID-19. Na Escola Galega de Administración Pública, seguindo as súas indicacións: 


    • as actividades na modalidade de teleformación continúan invariables. Chegado o momento das probas finais presenciais, de ser necesario, informarase ao alumnado afectado sobre o seu aprazamento ou sobre a súa reconversión a probas online.
    • a actividade presencial suspenderase. Na medida do posible, tendo en conta a materia e as características da actividade, intentarase adaptar os cursos á modalidade de telepresenza. De non ser posible as actividades serán aprazadas ata novo aviso. En todos os casos o alumnado seleccionado nas actividades afectadas recibirá información a través do correo electrónico e/ou teléfono móbil indicado na súa zona de matrícula.
    • a biblioteca da Escola pechará a partir do luns e ata novo aviso.

    Para máis información pode contactar coa EGAP a través dos seguintes correos electrónicos: programacion.egap@xunta.gal, xestion.egap@xunta.gal e novas.egap@xunta.gal  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 857 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212