Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Convocados 26 cursos de formación continua dirixidos ao persoal das entidades locais galegas

    Cursos / Venres, 20 de Marzo de 2020.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca 26 edicións e 1240 prazas correspondentes aos cursos de formación continua recollidos no Plan de Formación da EGAP para 2020 e dirixidos en exclusiva ao persoal da Administración local de Galicia. 


    Persoas destinatarias: persoal funcionario de Administración local con habilitación de carácter nacional e o resto do persoal empregado público ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia, que estea prestando servizos noutras administracións públicas de Galicia, que se encontre en situación de servizo activo (incluído permiso por maternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun/dunha fillo/a ou dun/dunha familiar) e que reúna os requisitos establecidos na convocatoria. Está exceptuado o persoal das escalas dos corpos da policía de Galicia, policía local e bombeiros.

    Matrícula: desde as 8 horas do 21 de marzo ás 23.55 horas do 1 de abril en https://egap.xunta.gal/matricula
    Número máximo de solicitudes para esta convocatoria: cinco

    *Aviso: a actividade co código LO20022 terá lugar os días 21, 22 e 23 de setembro.

    Máis información e listaxe de actividades formativas no DOG do 20 de marzo.



  •   Anterior Seguinte  
    Pax 858 de 1209
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212