Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7   Imagen 2 de 7  

    Preguntas frecuentes Coronavirus

    A Escola / Luns, 16 de Marzo de 2020.

    Preguntas e respostas frecuentes sobre as medidas adoptadas pola Escola Galega de Administración Pública como consecuencia da pandemia do coronavirus, en consonancia coas medidas preventivas adoptadas polo Goberno central e a Xunta de Galicia.


    - Que normas precisa seguir o alumnado que asista á Escola?
    • O uso da máscara é obrigatorio en todo o edificio, incluídas as aulas.
    • Antes de asistir ás instalacións débese efectuar no domicilio unha toma da temperatura corporal. 
    • É imprescindible manter unha correcta hixiene de mans, ben sexa con auga e xabón ou co xel hidroalcohólico dispoñible nos corredores da Escola.
    • Deberase manter unha distancia mínima de seguridade coas demais persoas. 
    • No caso de presentar síntomas compatibles coa Covid19 non deberá acudir á Escola, deberá poñerse en contacto co 900 400 116 comunicándoo, de ser o caso, á persoa responsable da actividade formativa. Esta ausencia considerarase como xustificada aos efectos de non ser penalizado en vindeiras convocatorias.
    • Se os síntomas aparecen estando xa na EGAP deberá avisar inmediatamente ao/á docente.
    • O acceso e saída das aulas realizarase de xeito individual e polos lugares sinalizados. De haber unha soa porta ningún alumno poderá abandonar a aula no momento no que estea entrando o resto, debendo agardar a que se deteña o fluxo de entrada. 
    • Os equipos informáticos tan só poderán ser usados por unha soa persoa en cada curso. 

    - Que normas precisan seguir as persoas que imparten docencia na Escola?
    • Deberán velar polo cumprimento das normas do alumnado. 
    • O uso da máscara é obrigatorio en todo o edificio, incluídas as aulas.
    • Antes de asistir ás instalacións deberán efectuar no domicilio unha toma da temperatura corporal. 
    • É imprescindible manter unha correcta hixiene de mans, ben sexa con auga e xabón ou co xel hidroalcohólico dispoñible nos corredores da Escola.
    • Deberán manter unha distancia mínima de seguridade coas demais persoas. 
    • Deberán adoptar as medidas precisas para que o alumnado non comparta material. No caso de entregar material deberá ser colocado sobre a cadeira de cada persoa e despois dunha correcta hixiene de mans.
    • Deberá realizar o control de asistencia sen compartir a listaxe.
    • Usará film plástico cando empregue o micrófono e retirarao ao final da súa intervención. 
    • Ao finalizar a actividade deberá avisar ao persoal de seguridade da Escola e remitir a listaxe de control debidamente cuberta. 
    • Se algún alumno/a presenta signos compatibles coa Covid19 deberá avisar ao persoal de seguridade do edificio. 

    - A biblioteca da Escola está aberta?
    Sí, a partir do 17 de febreiro e coas restricións de aforo reflectidas no DOG núm. 30-bis do 15 de febreiro de 2021. 

    - Como podo contactar coa EGAP?
    Estamos á vosa disposición a través dos correos electrónicos xestion.egap@xunta.gal, programacion.egap@xunta.gal e/ou novas.egap@xunta.gal e das nosas redes sociais (Facebook, Twitter e LinkedIn).
  • Recursos
  •   Protocolo de uso das instalacións da EGAP  
  •   Normas de uso das aulas  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 859 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212