A extraordinaria situación provocada nos últimos meses pola pandemia do coronavirus creou incentivos particularmente poderosos para a innovación social. Así, a aparición súbita dun conxunto de problemas sociais novos para os que as solucións existentes non semellaban adecuadas provocou a proliferación de alternativas innovadoras, algunhas máis sutís ca outras. Con fins ilustrativos, o curso utilizará numerosos exemplos extraídos da resposta ante a emerxencia sanitaria da COVID-19 e as súas consecuencias. O foco porase en exemplos centrados no sector público ou vinculados a colaboracións público-privadas.
Obxectivos. Familiarizar o alumnado cos conceptos e procesos básicos da innovación social, con especial atención á súa relevancia, aplicación e particularidades no sector público, entendendo por innovación social o deseño e a posta en práctica de novas solucións (modelos, produtos, servizos e políticas) que permitan responder mellor que coas xa existentes a determinados retos sociais.
Persoas destinatarias. Persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica e entidades instrumentais da Comunidade Autónoma de Galicia, da Administración local, da Administración de xustiza e das universidades do Sistema universitario de Galicia que se encadren nalgunha das seguintes categorías:
-
Grupo A (subgrupos A1 e A2) do persoal funcionario.
-
Grupos I e II do persoal laboral.
No caso de non se cubrir a totalidade das prazas convocadas, as vacantes que resulten poderán cubrirse con persoal empregado público pertencente a outras categorías.
Modalidade: teleformación
Datas: do 1 ao 23 de xuño de 2020
Horas lectivas: 15.
Número de prazas: 40.
Inscrición. desde as 8 horas do 19 de maio ata as 23.55 horas do 25 de maio en
https://egap.xunta.gal/matricula