O próximo xoves 4 de xuño ás 12 horas terá lugar un seminario web dirixido a analizar o levantamento da suspensión dos prazos administrativos e procesuais. O Acordo do Congreso dos Deputados do 20 de maio de 2020 autorizando a prórroga do estado de alarma declarado polo Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, dispón o levantamento da suspensión de termos e da interrupción de prazos administrativos, prazos procesuais e prazos de prescrición e caducidade de accións e dereitos, con efectos desde o 1 e o 4 de xuño de 2020 de forma respectiva. O alambicado réxime contido no Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, xera unha boa dose de incerteza e inseguridade en forma de interrogantes que convén resolver canto antes.
Persoal destinatario: persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, das administracións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, dos entes instrumentais da Comunidade Autónoma de Galicia e das universidades do Sistema universitario de Galicia, xuristas, profesionais e persoas interesadas en xeral.
Data: 4 de xuño
Horario: das 12h ás 13h
Prazas: 60
Modalidade: telepresenza. A conexión ao webinario terá lugar a través da Aula Virtual da EGAP.
Requisitos técnicos: ao tratarse dunha actividade impartida online será necesario dispor dun equipo con conexión á internet.
Matrícula: desde as 8 horas do 1 de xuño ata as 15 horas do 3 de xuño en
https://egap.xunta.gal/matricula Dentro da zona de matrícula da Escola o webinario atópase na área de Réxime xurídico e actividade financeira das administracións públicas.
Criterios de selección: a orde de admisión virá determinada pola data e hora de presentación das solicitudes ata completar o número de prazas (60).
Máis información na
ficha da actividade.