Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Solicitude de cita previa para o rexistro da EGAP

    A Escola / Luns, 22 de Xuño de 2020.

    A partir do 22 de xuño será imprescindible solicitar cita previa para acudir ao rexistro da EGAP, situado na planta baixa do edificio.


    • Como solicito a cita previa?
    A través do enderezo web https://www.xunta.gal/cita-previa ou no teléfono 981 546 235. De o precisar, a persoa interesada poderá cancelar a
    cita na mesma web.
    • Con canta antelación debo facer a solicitude?
    Cun mínimo de 24 horas.
    • Que medidas de protección debo seguir?
    Ao entrar no edificio deberase realizar unha adecuada hixiene de mans, empregando auga e xabón ou xel. Ademais, deberase manter unha distancia mínima de seguridade co persoal de atención e coas demais persoas presentes nas instalacións.
    • Que trámites podo realizar?
    Tan só a presentación de solicitudes ou escritos e limitado a un trámite por cita. Non está habilitada a solicitude da Chave 365 nin do certificado FNMT de persoa física. 

    Dende a Escola agradecemos o compromiso da cidadanía coas medidas de protección adoptadas.
  • Recursos
  •   Solicitude de cita previa para o rexistro da EGAP  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 872 de 1209
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212