Novas actividades de formación continua en materia de economía pública
Cursos / Mércores, 2 de Novembro de 2022.
Consonte os obxectivos do Instituto de Economía Pública de Galicia, recollidos no protocolo de colaboración polo que se establecen os principios reitores e de funcionamento do devandito instituto, e aprobado o programa de actividades formativas da Escola Galega de Administración Pública para o ano 2022 polo Consello Reitor, a EGAP convoca tres cursos en teleformación en materia de economía pública.
Persoas destinatarias: o persoal empregado público ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das súas entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, das entidades locais de Galicia e de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia.
Actividades convocadas:
Matrícula: desde as 9 horas do 3 de novembro ata as 23.55 horas do 8 de novembro na área de matrícula da EGAP.