Webinario O inaprazable reto da remuda xeracional da función pública no marco dos desafíos do sector público na terceira década do século XXI
Xornadas / Martes, 15 de Novembro de 2022.
A Escola Galega de Administración Pública, no marco do ciclo de conferencias sobre Presente e futuro do emprego público na Administración pos-COVID, o webinario O inaprazable reto da remuda xeracional da función pública no marco dos desafíos do sector público na terceira década do século XXI, que terá lugar o día 24 de novembro e será impartido por Rafael Jiménez Asensio.
Obxectivos: Este seminario web expón a imperiosa necesidade de renovación xeracional do emprego público como consecuencia das xubilacións masivas que xa se están producindo e que se producirán con maior intensidade nos próximos anos. Esa renovación xeracional débese realizar nun contexto marcado por un conxunto de importantes desafíos aos cales se enfronta o sector público nestes momentos, tales como a revolución dixital e a súa afectación ás tarefas tradicionais que se desempeñan nos diferentes postos de traballo, así como a necesidade de dispor de novos perfís de empregos funcionais que se asenten sobre os procesos de dixitalización, automatización e intelixencia artificial que se aplicarán á prestación de servizos e actividades administrativas.
Este webinario, co obxecto de ordenar cabalmente esa remuda xeracional e dispor de estruturas e persoas adecuadas aos desafíos futuros, propón unha estratexia mixta de organización e recursos humanos que promove unha planificación e xestión ordenada e gradual do cambio desde o modelo tradicional de deseño e organización actual de postos de traballo cara a outro modelo que teña como finalidade a flexibilidade organizativa, a adaptación e a transversalidade. A transformación organizativa e dos recursos humanos convértese, así, nunha necesidade existencial do futuro das administracións públicas.
Data: 24 de novembro de 2022.
Modo de impartición: telepresenza.
Horario: das 12.00 ás 14.00 horas.
Duración: 2 horas lectivas.
Número de prazas: 100
Inscrición: desde as 8.00 horas do 16 de novembro ata as 23.55 horas do día 21 de novembro na área de matrícula