Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP aproba o número 64 da Revista Galega de Administración Pública

    Publicacións / Martes, 29 de Novembro de 2022.

    Esta tarde reuniuse na EGAP o Consello editorial da Revista Galega de Administración Pública (Regap) coa finalidade de aprobar o contido do número 64. 


    A próxima publicación incluirá dous estudos sobre a responsabilidade patrimonial da Administración: “Responsabilidade patrimonial polo impacto da normativa covid-19 no exercicio das actividades económicas” de José Ángel Oreiro Romar, secretario xeral do Consello Consultivo de Galicia e letrado da Xunta de Galicia; e “Responsabilidade patrimonial e covid” de Santiago González-Varas Ibáñez, catedrático de Dereito administrativo da Universidad de Alicante.

    Ademais, o número 64 incluirá os estudos “Financiamento dos municipios pequenos e despoboamento” de Francisco Velasco Caballero, catedrático de Dereito administrativo da Universidad Autónoma de Madrid; e “A resposta da Administración contra a homofobia e o seu control xurisdicional no orde interno e europeo” de Omar Bouazza Ariño, catedrático de Dereito administrativo da Universidad Complutense de Madrid. 

    Completarán o número os comentarios de xurisprudencia contencioso-administrativa do maxistrado Francisco de Cominges Cáceres; “A magmática localización no sistema de fontes do acordo de funcionarios” de Francisco José Santandreu Capón, doutor en Dereito; “Reclamación das retribucións complementarias dun posto de categoría superior” de Ángela María Viqueira Allo, funcionaria da Administración local con habilitación de carácter nacional, subescala de secretaría-intervención; e “O desafío do sector público ante a aplicación da Directiva de protección do informante. As canles de denuncia” de Patricia Iglesias Rey, letrada da Xunta de Galicia e letrada maior do Consello de contas.

    Todos estes contidos poderán ser consultados de balde na edición electrónica da Revista Galega de Administración Pública, no enderezo https://egap.xunta.gal/revistas/REGAP.
     
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 1075 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212