Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso superior en protección de datos

    Cursos / Xoves, 7 de Setembro de 2023.

    A Escola Galega de Administración Pública, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, convoca un curso superior en protección de datos en modalidade mixta (presencial, telepresenza e teleformación) que comezará o 20 de setembro.


    Obxectivos: afondar no coñecemento desta materia, tanto desde unha perspectiva técnico-xurídica como desde unha perspectiva práctica, de xeito que poden destacarse como principais obxectivos do curso os seguintes:
    • Concienciar o alumnado na relevancia e importancia do dereito fundamental á protección de datos persoais desde unha perspectiva normativa e práctica, dotándoo de coñecementos e boas prácticas para dar cumprimento aos principios e obrigas establecidos pola normativa vixente, respectar os dereitos das persoas interesadas polo tratamento dos seus datos persoais e xestionar adecuadamente posibles incidencias que poidan xurdir nas distintas fases do devandito tratamento.
    • Abordar os principios básicos de seguridade e as medidas que cómpre implantar nos sistemas de información desde a perspectiva do risco e con base no disposto no Regulamento xeral de protección de datos (RXPD) e no Esquema nacional de seguridade (ENS).
    • Proporcionar ao alumnado unha visión global da protección de datos persoais, das funcións e responsabilidades correspondentes aos diferentes roles que interveñen no tratamento dos datos persoais e do papel que desenvolven as autoridades de control como a Axencia Española de Protección de Datos.
    Número de prazas: 70
    Persoas destinatarias: o persoal empregado público en situación de servizo activo ou asimilada da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das súas entidades públicas instrumentais e da Administración institucional que se encadre nas seguintes categorías: grupo A (subgrupos A1 e A2) do persoal funcionario ou grupos I e II do persoal laboral. No caso de non se cubrir a totalidade das prazas convocadas, ás vacantes que resulten poderá acceder o persoal empregado público das ditas categorías, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración local, das universidades do Sistema universitario de Galicia e da Administración de xustiza.
    Modalidade e datas: o curso desenvolverase na modalidade mixta, con sesións presenciais, de telepresenza e de teleformación, desde o mércores 20 de setembro ata o martes 19 de decembro de 2023.
    Matrícula: desde as 9.00 horas do 8 de setembro ata as 23.59 horas do 14 de setembro na área de matrícula da EGAP.
  • Recursos
  •   Matrícula  
  •   Convocatoria no DOG  
  •   Ficha da actividade  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 1147 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212