Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP organiza un webinario para analizar a situación e o réxime xurídico do funcionario interino

    A Escola / Xoves, 31 de Outubro de 2024.

    A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) acolleu esta mañá o webinario O persoal funcionario interino: entre a xurisprudencia europea e a xurisprudencia dos tribunais españois. Esta acción formativa encádrase no Ciclo de conferencias Presente e futuro do emprego público na Administración pos-COVID organizado pola Escola.



    A directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos, presentou a sesión impartida polo catedrático de Dereito Administrativo da UNED, Jesús Ángel Fuentetaja Pastor, e nel participaron un cento de empregados públicos a través da modalidade de telepresenza.

    No webinario analizouse o réxime xurídico do persoal funcionario interino a partir, por unha banda, da xurisprudencia do Tribunal de Xustiza da Unión Europea e, por outra, da súa recepción polos tribunais españois.

    O obxecto de estudo desta actividade formativa foi dobre: primeiro, a prohibición de discriminación entre o persoal funcionario de carreira e o persoal funcionario interino, especificando os elementos do réxime xurídico dese persoal que foron recoñecidos a este pola xurisprudencia, pero tamén polo lexislador e a Administración.

    O segundo obxecto do webinario organizado pola EGAP foi analizar as medidas preventivas e reactivas ante as relacións funcionariais interinas, prestando particular atención á visión dos tribunais, tanto sobre os procesos de estabilización como da reivindicación da conversión da relación interina en fixa.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 1230 de 1240
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212