Esta tarde reuníronse, de xeito presencial na Escola Galega de Administración Pública e tamén a través de videoconferencia, o membros do Consello editorial da Revista Galega de Administración Pública (REGAP), dirixida por Sonia Rodríguez-Campos, para aprobar os contidos do número 67 de xullo-decembro 2024.
A próxima publicación incluirá estudos do profesor de Dereito Administrativo da Universidade das Illas Baleares, Juan Alemany Garcías, titulado
As sociedades urbanísticas mixtas no ámbito local. Unha nova perspectiva trala crise sanitaria, e do profesor de Dereito Constitucional da Universitat Rovira i Virgili, Jaime Clemente García, sobre
A defensoría veciñal e o seu papel garante do bo goberno local.
Ademais, o número 67 incluirá os estudos
O protagonismo dos principios xerais no código italiano de contratos públicos da profesora de Dereito Administrativo da Universidade de Sevilla, María de los Ángeles Fernández Scagliusi;
A ideoloxía da perspectiva de xénero, do profesor de Dereito Constitucional da Universidade Complutense de Madrid, Ignacio Álvarez Rodríguez, e
Temos balas de prata contra a corrupción na contratación pública?, do catedrático de Dereito Administrativo da Universidade de Salamanca, Ricardo Rivero Ortega.
Completarán o número os comentarios
Crónica da xurisprudencia de Francisco de Cominges e
O imposto compensatorio ambiental mineiro como tributo propio de Galicia: exame conforme ao ordenamento xurídico da Unión Europea, do doutor en Dereito Financeiro e Tributario da Universidade de Santiago, José Manuel González Dona, ademais da recensión do libro
O réxime sancionador da seguridade cidadá, da doutora en Dereito da Universidade de Santiago, Sophie Anton.
Todos estes contidos poderán ser consultados de balde na edición electrónica da Revista Galega de Administración Pública (REGAP), no enderezo
https://egap.xunta.gal/revistas/REGAP.