Curso de formación en prevencion riscos laborais
A Escola / Mércores, 12 de Febreiro de 2025.
Curso de formación en prevencion riscos laborais de caracter obrigatorio para o persoal dos centros de traballo de menos de 50 traballadores/as incluídos na programación do Servizo de Prevención de Riscos Laborais para o ano 2025 na provincia de Pontevedra e o persoal do edificio Administrativo da cidade de Pontevedra (Campolongo)
A Escola Galega de Administración Pública, ao abeiro do convenio subscrito con VITALY HEALTH SERVICES, SL convoca dous cursos de formación en prevención de riscos laborais de carácter obrigatorio para o persoal de diversos centros de traballo da provincia de Pontevedra.
Destinatarios: Poderá participar nas accións formativas convocadas mediante esta resolución o persoal dos diversos centros de traballos indicados no anexo II. Este persoal terá que estar en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e reunir os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.
Criterios de selección: O Servizo de Prevención de Riscos Laborais indicará o persoal obrigado a realizar esta formación.