Convocadas as actividades de formación continua en materia de idiomas
          
          A Escola / Venres, 14 de Febreiro de 2025.
          
          A Escola Galega de Administración Pública convoca 47 actividades de formación continua en materia de idiomas para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza, das entidades locais e de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).
          Matrícula: desde as 9 horas do 14 de febreiro ata as 14 horas do 20 de febreiro na área de matrícula da Escola. O número máximo de actividades formativas que se poden solicitar nesta convocatoria limítase a tres. Ademais, debido á alta demanda dos cursos de idiomas na modalidade de teleformación, establécense as seguintes limitacións:
	- 
		Cada persoa só poderá solicitar un nivel por cada idioma ofertado na modalidade de teleformación.
- 
		Non se poderá solicitar o mesmo nivel cursado na anterior convocatoria.