A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) é un ente público de natureza consorcial creado para o desenvolvemento en común, pola Administración autonómica e os municipios que voluntariamente se integren nesta, das funcións de inspección, restauración da legalidade e sanción en materia de urbanismo e o desempeño de cantas competencias lle
asignen os seus estatutos (Decreto 213/2007, do 31 de outubro).
O obxectivo destas xornadas é mellorar o coñecemento da APLU (obxectivos, prioridades e actividades realizadas), así como dar a coñecer as novidades e modificacións introducidas pola Lei 2/2010, do 25 de marzo, de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2002, do 30 de decembro, a súa incidencia no eido competencial dos concellos e da axencia, con especial referencia aos cambios producidos no solo rústico, no solo de núcleo rural e a súa incidencia na reposición da legalidade urbanística.
SANTIAGO |