Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • Curso monográfico A planificación estratéxica como método de xestión pública

    A Escola / Luns, 9 de Xullo de 2018.

    A EGAP organiza os días 19, 20 e 21 de setembro en Santiago de Compostela o curso monográfico A planificación estratéxica como método de xestión pública coa finalidade de analizar os aspectos máis destacados da planificación estratéxica e da dirección por obxectivos. 
  • A EGAP celebra o Día das Letras Galegas enxalzando a figura de María Victoria Moreno e o seu compromiso coa lingua

    A Escola / Mércores, 16 de Maio de 2018.

    A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) iniciou esta mañá as celebracións conmemorativas do Día das Letras Galegas cun acto literario dedicado a María Victoria Moreno ao que asistiron o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda e a directora da Escola, Sonia Rodríguez-Campos.
  • Concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas

    A Escola / Mércores, 16 de Maio de 2018.

    Como un máis dos actos que a EGAP organiza en 2018 para honrar as letras galegas, convócase, un ano máis, o premio de literatura infantil e xuvenil co obxecto de que os nenos e nenas galegos teñan a oportunidade de demostrar a súa capacidade para redactar en lingua galega e de exercitar a súa imaxinación para concibir historias e desenvolver as súas habilidades neste idioma.
  • Actos en conmemoración do Día das Letras Galegas

    A Escola / Martes, 8 de Maio de 2018.

    A Real Academia Galega dedícalle o Día das Letras Galegas de 2018 á escritora de literatura infantil e xuvenil María Victoria Moreno Márquez. A EGAP súmase á homenaxe desta insigne escritora en lingua galega organizando un acto literario, seguido da inauguración dunha mostra de arte, así como dunha viaxe de interese cultural.

  • Apertura de solicitudes para participar na Mostra de arte das Letras Galegas da EGAP

    A Escola / Venres, 20 de Abril de 2018.

    A Escola Galega de Administración Pública, xunto coa Asociación Galega de Arte e Cultura, abre o prazo de solicitude para participar na Mostra de arte das Letras Galegas do ano 2018. Poderá participar o persoal empregado público ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e entidades públicas instrumentais do sector público autonómico de Galicia. 
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 35 de 82
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212