Esta mañá reuniuse, de xeito presencial na Escola Galega de Administración Pública e tamén a través de videoconferencia, o Consello de redacción da revista Administración&Cidadanía para aprobar os contidos do volume 18 número 1.
A EGAP publica unha actualización dos criterios de participación nas actividades docentes da Escola coa finalidade de conseguir unha maior racionalidade e aproveitamento da formación e facilitar o acceso a esta de todo o persoal ao servizo da Administración pública.
A Escola Galega de Administración Pública celebrou esta mañá o acto conmemorativo do Día das Letras Galegas en homenaxe ao tradutor, novelista, historiador, xornalista, ensaísta e editor Francisco Fernández del Riego.
En colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, a EGAP convoca unha nova xornada de formación práctica dixital (E-martes) sobre o Rexistro Electrónico na Xunta de Galicia que terá lugar o 9 de maio.
Un total de 70 persoas empregadas públicas nas administracións autonómica e locais e nas universidades de Galicia, participan dende hoxe na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) na terceira edición do curso superior de ciberseguridade.