Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • Convocado o concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas

    A Escola / Mércores, 23 de Decembro de 2020.

    Como un máis dos actos que a EGAP organizará para honrar as letras galegas, e especialmente este ano a Xela Arias, a EGAP convoca, un ano máis, o premio de literatura infantil e xuvenil co obxecto de que os nenos e nenas galegos teñan a oportunidade de demostrar a súa capacidade para redactar en lingua galega e de exercitar a súa imaxinación para concibir historias e desenvolver as súas habilidades neste idioma.
  • O plan de formación para 2021 incidirá no teletraballo, na xestión de fondos europeos e no emprego público

    A Escola / Martes, 22 de Decembro de 2020.

    O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Valeriano Martínez presidiu hoxe o Consello Reitor deste organismo. Na reunión, tamén participou a súa directora, Sonia Rodríguez-Campos, que explicou o programa formativo previsto para o próximo ano.
  • Novo protocolo de uso das instalacións da EGAP

    A Escola / Venres, 6 de Novembro de 2020.

    A EGAP actualiza o protocolo para o restablecemento da actividade formativa presencial da EGAP así como para o uso específico que das súas aulas realicen outros organismos da Xunta de Galicia que garanta a prevención dos riscos por contaxio polo coronavirus.
  • A Escola homenaxea a Carvalho Calero no 110 aniversario do seu nacemento

    A Escola / Venres, 30 de Outubro de 2020.

    O pasado 21 de xaneiro a EGAP convocou o premio de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas como homenaxe ao escritor Ricardo Carvalho Calero. Neste certame participaron máis de 160 rapazas e rapaces galegos de entre 9 e 14 anos que remitiron os seus contos á Escola.
  • A EGAP actualiza a súa plataforma de teleformación

    A Escola / Venres, 11 de Setembro de 2020.

    A Escola Galega de Administración Pública actualiza a súa plataforma de teleformación á versión 3.9 de Moodle, o sistema web de ensinanza que permite crear e xestionar espazos de aprendizaxe online. A través desta actualización a EGAP mellorará a experiencia formativa do persoal empregado público de Galicia, dotará aos docentes das ferramentas educativas máis innovadoras e facilitará a administración interna dos cursos.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 31 de 86
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212