Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • A Escola homenaxea a Carvalho Calero no 110 aniversario do seu nacemento

    A Escola / Venres, 30 de Outubro de 2020.

    O pasado 21 de xaneiro a EGAP convocou o premio de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas como homenaxe ao escritor Ricardo Carvalho Calero. Neste certame participaron máis de 160 rapazas e rapaces galegos de entre 9 e 14 anos que remitiron os seus contos á Escola.
  • A EGAP actualiza a súa plataforma de teleformación

    A Escola / Venres, 11 de Setembro de 2020.

    A Escola Galega de Administración Pública actualiza a súa plataforma de teleformación á versión 3.9 de Moodle, o sistema web de ensinanza que permite crear e xestionar espazos de aprendizaxe online. A través desta actualización a EGAP mellorará a experiencia formativa do persoal empregado público de Galicia, dotará aos docentes das ferramentas educativas máis innovadoras e facilitará a administración interna dos cursos.
  • Parada técnica da plataforma de teleformación

    A Escola / Luns, 7 de Setembro de 2020.

    Do 7 ao 10 de setembro a EGAP realizará unha parada técnica da Aula virtual co fin de mellorar a plataforma e ofrecer ofrecer ao alumnado un espazo de traballo actualizado que permita aproveitar todas as vantaxes da teleformación. De xeito puntual tamén poderá haber cortes na páxina web ou na Zona de matrícula.  
  • A EGAP convoca cursos para o persoal das entidades locais e do sector público autonómico de Galicia

    A Escola / Luns, 31 de Agosto de 2020.

    A través do convenio de colaboración asinado entre a EGAP e o Consello Consultivo de Galicia convócanse cursos dirixidos aos/ás empregados/as públicos/as do sector público autonómico de Galicia con responsabilidades en materia de contratación pública da Xunta de Galicia, entidades locais, universidades e administración institucional.
  • A EGAP fai balance da súa actividade no primeiro semestre do ano cun total de 610 actividades e 31.775 prazas convocadas

    A Escola / Mércores, 29 de Xullo de 2020.

    Esta mañá reuniuse o Consello Reitor da Escola Galega de Administración Pública presidido por José María Barreiro, director xeral da Función Pública e no que a directora do centro, Sonia Rodríguez-Campos, presentou un informe sobre as actividades levadas a cabo por este organismo entre xaneiro e xullo e a previsión de actividades para despois do verán.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 29 de 83
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212