Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • Convocatoria extraordinaria do programa de autoformación

    A Escola / Martes, 27 de Setembro de 2022.

    Ante o elevado número de solicitudes rexistradas para o programa de autoformación de 2022, a EGAP convoca 4.400 prazas para novas probas de avaliación do dito programa. Estas probas van dirixidas ao persoal ao servizo das administracións territoriais, institucionais e entes públicos instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma, así como para o persoal da Administración de xustiza de Galicia e de administración e servizos (PAS) das tres universidades do Sistema universitario de Galicia.
  • Xornada de formación práctica dixital (E-martes) sobre o uso de certificados dixitais na Xunta de Galicia

    A Escola / Venres, 23 de Setembro de 2022.

    A EGAP convoca, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, unha nova xornada de formación práctica dixital que terá lugar o próximo 11 de outubro.
  • A Escola convoca dúas actividades en teleformación en materia de economía pública

    A Escola / Mércores, 7 de Setembro de 2022.

    A Escola Galega de Administración Pública, a través do Instituto de Economía Pública de Galicia, convoca os cursos Política orzamentaria e desenvolvemento normativo e Retos públicos en materia económica, dirixidos ambos os dous ao persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das súas entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, das entidades locais de Galicia e de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia. 
  • Curso superior en protección de datos

    A Escola / Venres, 26 de Agosto de 2022.

    Grazas ao convenio de colaboración asinado entre a Escola Galega de Administración Pública (en diante EGAP) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) convócase o Curso superior en protección de datos que comezará o 26 de setembro. 
  • A EGAP reforzará a formación dos empregados públicos sobre xestión de fondos europeos e protección de datos persoais

    A Escola / Martes, 19 de Xullo de 2022.

    A Xunta de Galicia ten previsto incrementar durante o próximo semestre as actividades formativas para persoal empregado público sobre xestión de fondos europeos e protección de datos persoais.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 26 de 86
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212