Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • A Xunta promove o coñecemento da intelixencia artificial no sector público a través dun curso monográfico

    A Escola / Xoves, 9 de Xuño de 2022.

    A directora da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), Sonia Rodríguez-Campos, inaugurou hoxe o curso monográfico A intelixencia artificial na Administración, que reunirá durante dous días en Santiago a destacados xuristas, investigadores e empregados públicos para analizar a implantación dos sistema de IA no ámbito público.
  • Convocadas as subvencións destinadas ao financiamento de plans de formación das entidades locais de Galicia

    A Escola / Luns, 6 de Xuño de 2022.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca no DOG do 6 de xuño as subvencións, en réxime de concorrencia competitiva e en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas ao financiamento de plans de formación das entidades locais de Galicia para o ano 2022, no marco do Acordo de formación para o emprego das administracións públicas.
  • A EGAP celebra o Día das Letras Galegas e os 35 anos de existencia da Escola

    A Escola / Venres, 20 de Maio de 2022.

    O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, inaugurou hoxe, venres, en Santiago, os actos conmemorativos de celebración do 35 aniversario da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), acompañado pola directora da entidade, Sonia Rodríguez-Campos. No acto tamén participaron a directora do Instituto Cervantes en Burdeos, Luisa Castro, e o escritor Xosé Carlos Caneiro.
  • Día das Letras Galegas 2022

    A Escola / Martes, 17 de Maio de 2022.

    Con este vídeo a Escola Galega de Administración Pública quere homenaxear ao poeta Florencio Delgado Gurriarán no Día das Letras Galegas.
  • A EGAP renova a colaboración coas universidades galegas para formar ao persoal de administración e servizos

    A Escola / Mércores, 9 de Febreiro de 2022.

    A Xunta, a través da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), convocará durante este ano un total de 24 cursos e 1125 prazas dirixidas en exclusiva ao persoal de administración e servizos (PAS) das universidades galegas, ademais de darlles acceso aos programas de ofimática, idiomas, igualdade e prevención da violencia de xénero, autoformación e aos cursos da área de Unión Europea do Plan de formación de 2022. Todas estas accións formativas serán financiadas integramente pola Xunta cunha achega económica de 59.943,7 euros.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 27 de 86
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212