A Escola Galega de Administración Pública, a través do Instituto de Economía Pública de Galicia, convoca os cursos Política orzamentaria e desenvolvemento normativo e Retos públicos en materia económica, dirixidos ambos os dous ao persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das súas entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, das entidades locais de Galicia e de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia.