Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • A EGAP celebra o Día das Letras Galegas e os 35 anos de existencia da Escola

    A Escola / Venres, 20 de Maio de 2022.

    O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, inaugurou hoxe, venres, en Santiago, os actos conmemorativos de celebración do 35 aniversario da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), acompañado pola directora da entidade, Sonia Rodríguez-Campos. No acto tamén participaron a directora do Instituto Cervantes en Burdeos, Luisa Castro, e o escritor Xosé Carlos Caneiro.
  • Día das Letras Galegas 2022

    A Escola / Martes, 17 de Maio de 2022.

    Con este vídeo a Escola Galega de Administración Pública quere homenaxear ao poeta Florencio Delgado Gurriarán no Día das Letras Galegas.
  • A EGAP renova a colaboración coas universidades galegas para formar ao persoal de administración e servizos

    A Escola / Mércores, 9 de Febreiro de 2022.

    A Xunta, a través da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), convocará durante este ano un total de 24 cursos e 1125 prazas dirixidas en exclusiva ao persoal de administración e servizos (PAS) das universidades galegas, ademais de darlles acceso aos programas de ofimática, idiomas, igualdade e prevención da violencia de xénero, autoformación e aos cursos da área de Unión Europea do Plan de formación de 2022. Todas estas accións formativas serán financiadas integramente pola Xunta cunha achega económica de 59.943,7 euros.
  • Bolsa de formación en estudos relacionados co dereito administrativo

    A Escola / Mércores, 19 de Xaneiro de 2022.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca unha bolsa de formación dirixida persoas que remataran os estudos académicos con posterioridade a xaneiro do ano 2016 e que acrediten a titulación de licenciatura ou grao en Dereito ou en Ciencias Xurídicas das Administracións Públicas.
  • Bolsa de formación para a xestión de procesos de avaliación e calidade

    A Escola / Mércores, 19 de Xaneiro de 2022.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca unha bolsa de formación dirixida a persoas que remataran os estudos académicos con posterioridade a xaneiro do 2016 e que acrediten a titulación de licenciatura ou grao en Socioloxía ou Ciencias Políticas.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 25 de 83
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212