Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • A Xunta avoga por unha administración transparente, aberta e accesible para a cidadanía

    A Escola / Luns, 20 de Marzo de 2023.

    Esta mañá tivo lugar na EGAP a inauguración da Semana da Administración Aberta, na que participou o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, acompañado do director xeral de Simplificación Administrativa, Jesús Oitavén e da directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos, que servirá para dar a coñecer á cidadanía en xeral, e aos rapaces en particular, o funcionamento do Goberno autonómico. Tras o acto inaugural, o catedrático de Dereito Administrativo Jaime Rodríguez-Arana ofreceu unha conferencia sobre o dereito cidadán á boa Administración. 
  • Convocadas as actividades de formación continua do primeiro semestre do IEP

    A Escola / Venres, 17 de Febreiro de 2023.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca 10 actividades de formación continua e 490 prazas correspondentes á programación do primeiro semestre do Instituto de Economía Pública de Galicia. 
  • Concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas 2023

    A Escola / Martes, 17 de Xaneiro de 2023.

    Como un máis dos actos que a EGAP organizará para honrar ás letras galegas, e especialmente este ano a Francisco Fernández del Riego, convócase, un ano máis, o concurso de literatura infantil e xuvenil co obxecto de que os nenos e nenas galegos teñan a oportunidade de demostrar a súa capacidade para redactar en lingua galega e de exercitar a súa imaxinación para concibir historias e desenvolver as súas habilidades neste idioma.
  • Boas festas e feliz aninovo

    A Escola / Venres, 23 de Decembro de 2022.


  • A EGAP ofertará en 2023 máis de 37.000 prazas formativas para o persoal empregado público

    A Escola / Martes, 20 de Decembro de 2022.

    A Escola Galega de Administración Pública convocará ao longo do próximo ano un total de 37.872 prazas formativas dirixidas ao persoal empregado público galego. Así o adiantou esta tarde a directora da Escola, Sonia Rodríguez-Campos, durante a presentación do Plan de formación de 2023 ao Consello Reitor do organismo, presidido polo conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 22 de 83
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212