A Escola Galega de Administración Pública iniciou esta mañá o curso superior sobre o Plan Xeral de Contabilidade, ao que asistiron 50 alumnas e alumnos.
Un total de 70 persoas empregadas públicas participan dende hoxe na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) no Curso superior en Protección de Datos, organizado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e o Nodo CIBER.gal. O curso conta coa colaboración da Axencia Española de Protección de Datos (AEPD).
A Escola Galega de Administración Pública, a través dun convenio de colaboración coa Central Sindical Independente e de Funcionarios de Galicia (CSIF Galicia), convoca 8 edicións do curso sobre plans de autoprotección por incendios forestais.
A Escola Galega de Administración Pública convoca 8 actividades de formación continua e 360 prazas correspondentes á programación do segundo semestre do Instituto de Economía Pública de Galicia.
A Escola Galega de Administración Pública convoca 63 actividades de formación continua e 2.233 prazas correspondentes ao segundo semestre do ano 2023 para o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico e da Administración institucional.