A Escola Galega de Administración Pública, dentro do Plan de Formación do 2013 para o persoal da Administración autonómica, convoca 1500 prazas de acceso libre das materias integradas no Plan formativo ofimático de Galicia.
O convenio asinado expresa o interese de ambas as dúas partes por colaborar nos ámbitos formativo, divulgador e investigador, o cal redundará nunha mellora do cumprimento das súas respectivas funcións.
A directora da Escola Galega de Administración Pública, Sonia Rodríguez-Campos, clausurou o curso de Especialista en Optimización de Activos Inmobles, impartido por Eirea (European Institute Of Real Estate Analysis) en colaboración coa EGAP.
A comisión de avaliación, despois de revisar todas as solicitudes recibidas, fai públicos os resultados de baremación da bolsa de bolsa de formación en técnicas vinculadas a sistemas de xestión da teleformación convocada no DOG do 25 de abril de 2013.
A directora, Sonia Rodríguez-Campos, recibiu esta mañá a unha delegación chinesa que asistiu na Escola Galega de Administración Pública a unha conferencia sobre o momento actual de China.