A Escola Galega de Administración Pública, en colaboración con Cualtis S.L.U., convoca un curso de prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación dirixido ao persoal que presta servizos nos centros de traballo da provincia de Lugo do Instituto Galego da Vivenda e Solo e da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.