Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • A EGAP analizará a nova xeración de tratados de libre comercio no próximo número da A&C

    Publicacións / Martes, 30 de Maio de 2017.

    Esta tarde reuniuse na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) o consello de redacción da Revista Administración&Cidadanía (A&C), dirixida por Sonia Rodríguez-Campos, coa finalidade de aprobar o contido do volume 12, número 1, e planificar o número do seguinte semestre. 
  • Publicado o número 52 da Regap

    Publicacións / Xoves, 23 de Marzo de 2017.

    A EGAP pon a disposición da cidadanía o número 52 da Regap, tanto na súa versión impresa como dixital. Esta nova publicación inclúe entre as súas páxinas varios estudos sobre temas tan actuais coma as consecuencias prácticas da transposición das directivas de contratación pública en España, a invalidez das licenzas urbanísticas ou os fundamentos xurídicos da actividade das comunidades autónomas no exterior, entre outros.
  • A EGAP edita unha publicación sobre a Lei 39/2015

    Publicacións / Venres, 25 de Novembro de 2016.

    A Escola Galega de Administración Pública acolleu esta mañá a presentación do libro "Lei 39/2015 comentada por letrados da Xunta de Galicia. Comentarios, anotacións e xurisprudencia sobre a lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas".
  • A EGAP analizará a problemática do cambio climático no próximo número da revista Administración&Cidadanía

    Publicacións / Martes, 22 de Novembro de 2016.

    Esta tarde reuniuse na Escola Galega de Administración Pública o consello de redacción da Revista Administración&Cidadanía (A&C), dirixida por Sonia Rodríguez-Campos, coa finalidade de aprobar o contido do volume 11, número 2.
  • A directora da EGAP incide na necesidade de formación para impulsar a administración electrónica

    Publicacións / Mércores, 5 de Outubro de 2016.

    A directora da Escola Galega de Administración Pública, Sonia Rodríguez-Campos, asistiu esta mañá na facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela á presentación do libro La actualización de la Administración electrónica, dirixido polos profesores Marcos Almeida Cerreda e Luis Míguez Macho. Durante a súa intervención, Sonia Rodríguez-Campos loou esta publicación pola súa labor de análise dos dereitos da cidadanía fronte á Administración electrónica e do papel dos poderes públicos neste contexto.
  •   AnteriorSeguinte
    Pax 6 de 9
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212