Esta tarde reuníronse na EGAP os membros do consello de redacción da Revista Galega de Administración Pública (Regap), publicación dirixida por Sonia Rodríguez-Campos, para aprobar os contidos do número 60 (xullo-decembro 2020).
Esta mañá reuníronse na EGAP os membros do consello de redacción da Revista Galega de Administración Pública (Regap) para aprobar o contido do número 59, que incluirá dous traballos relativos á Covid-19.
Esta mañá reuniuse na Escola Galega de Administración Pública o consello editorial da Revista Administración&Cidadanía para aprobar os contidos do número 1 volume 15 que estará dedicado á ética pública.
Esta mañá reuniuse na Escola Galega de Administración Pública o consello editorial da Revista Administración&Cidadanía para aprobar os contidos do número 2 volume 14.
A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) estrea un novo formato dixital para as súas revistas coa publicación do número 57 da Revista Galega de Administración Pública (Regap). Todos estes cambios teñen como finalidade non só facer máis accesibles os contidos á cidadanía e facilitar o achegamento do coñecemento científico á sociedade, senón tamén mellorar a súa catalogación nas principais bases de datos de publicacións científicas.