Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • Comezan na EGAP os cursos para obter o diploma de directivo

    A Escola / Luns, 25 de Febreiro de 2013.

    O vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda; e a directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos, asistiron ao acto de inauguración do Curso para a obtención do diploma de directivos autonómicos e locais, no cal destacaron a importancia da formación deste tipo de persoal para poder adaptarse á continua evolución que está a vivir o sector público.
  • O CES renova o convenio de colaboración coa EGAP

    A Escola / Luns, 25 de Febreiro de 2013.

    A directora da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), Sonia Rodríguez-Campos González, e a presidenta do CES, Corina Porro Martínez, asinaron a renovación do convenio de colaboración que manteñen ambas as entidades para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación. Coa sinatura deste documento, esténdese a vixencia do documento ata o 31 de decembro de 2013.
  • Publicadas as convocatorias dos cursos de xefatura de sección e xefatura de negociado

    A Escola / Xoves, 7 de Febreiro de 2013.

    O prazo de matrícula de dúas edicións de perfeccionamento de xefatura de sección e de catro de xefatura de negociado comezará o día 10 de febreiro ás 8 horas.
  • Abre o prazo de matrícula de máis de 200 actividades

    Cursos / Mércores, 30 de Xaneiro de 2013.

    O 31 de xaneiro comeza o prazo de matrícula para 217 actividades formativas que suman un total de 7922 prazas, recollidas no DOG do 30 de xaneiro de 2012 no que se publica a convocatoria de cursos de formación continua para o persoal ao servizo da Administración Pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Publicadas as listaxes de solicitudes admitidas aos cursos para obter o diploma de directivo

    Cursos / Martes, 22 de Xaneiro de 2013.

    Tal e como se establece na convocatoria, as persoas que figuran como admitidas deberán achegar por vía telemática unha copia compulsada de toda a documentación a fin de acreditar os méritos alegados na instancia presentada.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 248 de 271
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212