Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • Novos curso de prevención de riscos laborais de nivel básico

    Cursos / Martes, 30 de Marzo de 2021.

    A EGAP e o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (Issga) convocan, a través dun convenio de colaboración, un curso de prevención de riscos laborais de nivel básico para persoal empregado público, traballador por conta allea ou autónomo, empresario e persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.
  • Convocado o programa de autoformación da EGAP para o ano 2021

    Cursos / Xoves, 25 de Marzo de 2021.

    A Escola convoca 9200 prazas distribuídas nas 46 materias correspondentes ao programa de autoformación, dirixido ao persoal ao servizo das administracións territoriais, institucionais e entes públicos instrumentais do sector público da comunidade autónoma, así como para o persoal da Administración de xustiza de Galicia e de administración e servizos (PAS) das tres universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).
  • A Escola convoca dous novos e-martes dedicados á contratación pública

    Xornadas / Xoves, 25 de Marzo de 2021.

    Os martes 6 e 20 de abril terán lugar na EGAP, en Santiago de Compostela, dúas novas xornadas de formación práctica dixital (E-martes) que abordarán a contratación pública de Galicia a través dunha parte teórica común aos dous grupos de persoas destinatarias e dunha posterior parte práctica adaptada a cada grupo nas aulas de informática da escola.
  • Curso de PRL para o persoal que presta servizos no Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

    Cursos / Xoves, 18 de Marzo de 2021.

    De acordo co convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública (EGAP) e Cualtis, S.L.U. para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación convócase un curso de prevención de riscos laborais (primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación) para o persoal que presta servizos no Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia.
  • A Escola convoca os cursos dirixidos ao persoal da Administración de xustiza

    Cursos / Mércores, 17 de Marzo de 2021.

    A EGAP convoca 26 edicións formativas e 1280 prazas destinadas ao persoal empregado público e persoas integrantes das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa, auxilio xudicial e médicos forenses da Administración de xustiza en Galicia.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 75 de 260
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212