Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • Convocadas as actividades do primeiro semestre para o persoal da Administración autonómica

    Cursos / Xoves, 18 de Febreiro de 2021.

    A EGAP convoca un total de 154 edicións e 6276 prazas correspondentes ao primeiro semestre do ano 2021 e dirixidas ao persoal ao servizo da Administración xeral autonómica de Galicia, da Administración institucional e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico.
  • A EGAP e o Issga convocan cursos de prevención de riscos laborais

    Cursos / Martes, 16 de Febreiro de 2021.

    Mediante o convenio de colaboración asinado entre a EGAP e o Issga convócanse dous cursos de prevención de riscos laborais, un xeral e outro específico sobre actividades de tempo libre, dirixido ao persoal empregado público, ás persoas que traballen por conta allea ou como autónomos, aos empresarios e a aquelas persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.
  • A Xunta promove a formación de profesionais que traballan en contacto directo coas vítimas de violencia de xénero

    A Escola / Martes, 16 de Febreiro de 2021.

    O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Valeriano Martínez; a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana; e a directora da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), Sonia Rodríguez-Campos; asinaron hoxe un acordo que permitirá reforzar a formación dos profesionais que traballan en contacto coas mulleres vítimas de violencia de xénero, para atender mellor as súas necesidades socio-laborais, psicosociais e de carácter educativo ou sanitario.


  • Cursos de linguaxe administrativa e xurídica galega

    Cursos / Venres, 12 de Febreiro de 2021.

    A EGAP, en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Universidade -a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística- convoca cursos de linguaxe administrativa e xurídica galega tanto para persoal ao servizo das distintas administracións da Comunidade Autónoma de Galicia coma para persoal ao servizo da Administración de xustiza que preste servizos fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Convocadas as actividades de idiomas para 2021

    Cursos / Luns, 1 de Febreiro de 2021.

    A escola convoca no DOG do 1 de febreiro as actividades de formación continua en materia de idiomas para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza, das entidades locais e de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 74 de 256
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212