Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • Curso de prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación

    Cursos / Mércores, 6 de Outubro de 2021.

    A Escola Galega de Administración Pública, en colaboración con Cualtis S.L.U., convoca un curso de prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación dirixido ao persoal que presta servizos nos centros de traballo da provincia de Lugo do Instituto Galego da Vivenda e Solo e da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.
  • Curso monográfico Liquidación práctica dos tributos locais

    Cursos / Luns, 4 de Outubro de 2021.

    A EGAP convoca o curso monográfico Liquidación práctica dos tributos locais, coa finalidade de estudar as características básicas e o funcionamento das principais figuras tributarias de natureza obrigatoria e o uso da capacidade fiscal dos concellos galegos e das deputacións provinciais, e analizar a liquidación básica da fiscalidade local. 
  • Curso sobre elaboración de disposicións administrativas de carácter xeral

    Cursos / Martes, 28 de Setembro de 2021.

    A EGAP, en colaboración co Consello Consultivo de Galicia, convoca un curso para o persoal empregado público das entidades locais e do sector público autonómico de Galicia, no que se dará preferencia ao persoal habilitado nacional e funcionario da Administración local dos subgrupos A1 e A2 que teña responsabilidades en materia de tramitación e instrución relacionados coas materias do curso.
  • Xornada "Galicia. Corenta anos de autonomía (1981-2021)"

    Xornadas / Martes, 28 de Setembro de 2021.

    A aprobación do Estatuto de Autonomía para Galicia foi froito do consenso acadado entre os distintos actores políticos a través dun proceso que comezou cos traballos realizados pola chamada Comisión dos dezaseis. Esta comisión, integrada por representantes de diferentes formacións políticas con presenza en Galicia, presentou un texto profundamente modificado pola “Ponencia dos nove” e que sería aprobado na asemblea de parlamentarios galegos o 5 de maio de 1979. Xa no seu paso, último, polo Congreso dos Deputados, experimentou novas modificacións derivadas da sinatura do denominado “Pacto do Hostal” en setembro de 1980 que cristalizarían no texto definitivo posteriormente sometido a referendo do pobo galego.
  • A Escola convoca os e-martes do mes de outubro, centrados na contratación

    Xornadas / Luns, 27 de Setembro de 2021.

    Os martes 5 e 19 de outubruo terán lugar na EGAP, en Santiago de Compostela, dúas novas xornadas de formación práctica dixital (E-martes) que abordarán a contratación pública de Galicia a través dunha parte teórica común aos dous grupos de persoas destinatarias e dunha posterior parte práctica adaptada a cada grupo nas aulas de informática da escola.

  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 71 de 265
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212