Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • A Escola convoca cinco cursos presenciais de prevención de riscos laborais

    Cursos / Mércores, 7 de Abril de 2021.

    A EGAP, en colaboración con Cualtis, S.L.U., convoca cinco cursos presenciais de prevención de riscos laborais destinados ao persoal dos equipos de alarma e evacuación; de primeira intervención e de primeiros auxilios, así como ao persoal que exerza a xefatura de emerxencia e/ou primeira intervención, dos centros de traballo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural en Ourense, da Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade en Ourense, da Oficina de Emprego de Ourense-A Ponte e da Oficina de Emprego de Ourense-Centro.
  • Novos curso de prevención de riscos laborais de nivel básico

    Cursos / Martes, 30 de Marzo de 2021.

    A EGAP e o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (Issga) convocan, a través dun convenio de colaboración, un curso de prevención de riscos laborais de nivel básico para persoal empregado público, traballador por conta allea ou autónomo, empresario e persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.
  • Convocado o programa de autoformación da EGAP para o ano 2021

    Cursos / Xoves, 25 de Marzo de 2021.

    A Escola convoca 9200 prazas distribuídas nas 46 materias correspondentes ao programa de autoformación, dirixido ao persoal ao servizo das administracións territoriais, institucionais e entes públicos instrumentais do sector público da comunidade autónoma, así como para o persoal da Administración de xustiza de Galicia e de administración e servizos (PAS) das tres universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).
  • A Escola convoca dous novos e-martes dedicados á contratación pública

    Xornadas / Xoves, 25 de Marzo de 2021.

    Os martes 6 e 20 de abril terán lugar na EGAP, en Santiago de Compostela, dúas novas xornadas de formación práctica dixital (E-martes) que abordarán a contratación pública de Galicia a través dunha parte teórica común aos dous grupos de persoas destinatarias e dunha posterior parte práctica adaptada a cada grupo nas aulas de informática da escola.
  • Curso de PRL para o persoal que presta servizos no Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

    Cursos / Xoves, 18 de Marzo de 2021.

    De acordo co convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública (EGAP) e Cualtis, S.L.U. para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación convócase un curso de prevención de riscos laborais (primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación) para o persoal que presta servizos no Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 69 de 254
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212