Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • Webinario As reformas administrativas poscrise: balance xeral

    Xornadas / Mércores, 9 de Xuño de 2021.

    No marco do ciclo de conferencias sobre "Presente e futuro do emprego público na Administración pos COVID", a EGAP convoca o webinario "As reformas administrativas poscrise: balance xeral" que terá lugar o 17 de xuño na modalidade de telepresenza.

    En tempos de crise, con afectación da economía, as formulacións de reforma e mellora da Administración xeneralízanse como respostas ineludibles. Ao ser positiva a intención de minimizar os efectos negativos deste tipo de situacións, non pasa desapercibido que a maioría das medidas adoptadas, por evidentes e adecuadas en todo momento, necesitasen para a súa implementación un contexto de crise e dificultade.
  • Curso monográfico Fondos europeos NextGenerationEU

    Cursos / Martes, 8 de Xuño de 2021.

    No marco do programa de actividades do Instituto de Economía Pública de Galicia (IEP), a Escola Galega de Administración Pública convoca o curso monográfico Fondos europeos NextGenerationEU que terá lugar os días 17 e 18 de xuño en Santiago de Compostela.
  • Cursos para persoal dos entes instrumentais do sector público autonómico

    Cursos / Luns, 31 de Maio de 2021.

    A EGAP convoca 20 actividades formativas dirixidas ao persoal das seguintes entidades: das seguintes entidades: Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A. (SPI Galicia), Fundación Cidade da Cultura de Galicia (FCC), Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, S.A.U. (Xesgalicia), Galicia Calidade, S.A.U., Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. (CRTVG) e Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. (Sogama).
  • Xornadas de formación práctica dixital (E-martes) sobre o Rexistro electrónico na Xunta de Galicia

    Xornadas / Mércores, 26 de Maio de 2021.

    Convocamos, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, as xornadas de formación práctica dixital (E-martes) sobre o Rexistro electrónico na Xunta de Galicia que terán lugar os días 1 e 15 de xuño en Santiago de Compostela.
  • Convocada a XXIV edición do Premio Manuel Colmeiro

    Investigación / Xoves, 20 de Maio de 2021.

    A EGAP organiza a XXIV edición do Premio Manuel Colmeiro co gallo de fomentar e distinguir traballos de investigación que teñan como obxecto a Administración pública de Galicia desde calquera perspectiva (histórica, xurídica, administrativa, política, sociolóxica ou económica).
     
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 67 de 256
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212