Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • Webinario Claves para a modernización da estrutura funcionarial

    Xornadas / Martes, 16 de Novembro de 2021.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca, no marco do Ciclo de conferencias sobre Presente e futuro do emprego público na Administración pos-COVID, un webinario sobre as "Claves para a modernización da estrutura funcionarial", que terá lugar mediante telepresenza o xoves 25 de novembro. A xornada será impartida pola profesora de Dereito Administrativo, Josefa Cantero Martinez.
  • Webinario A Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia

    Xornadas / Mércores, 13 de Outubro de 2021.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca para o día 21 de outubro un webinario sobre A Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia que terá lugar na Aula virtual da EGAP.
  • Curso de prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación

    Cursos / Mércores, 6 de Outubro de 2021.

    A Escola Galega de Administración Pública, en colaboración con Cualtis S.L.U., convoca un curso de prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación dirixido ao persoal que presta servizos nos centros de traballo da provincia de Lugo do Instituto Galego da Vivenda e Solo e da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.
  • Curso monográfico Liquidación práctica dos tributos locais

    Cursos / Luns, 4 de Outubro de 2021.

    A EGAP convoca o curso monográfico Liquidación práctica dos tributos locais, coa finalidade de estudar as características básicas e o funcionamento das principais figuras tributarias de natureza obrigatoria e o uso da capacidade fiscal dos concellos galegos e das deputacións provinciais, e analizar a liquidación básica da fiscalidade local. 
  • Xornada "Galicia. Corenta anos de autonomía (1981-2021)"

    Xornadas / Martes, 28 de Setembro de 2021.

    A aprobación do Estatuto de Autonomía para Galicia foi froito do consenso acadado entre os distintos actores políticos a través dun proceso que comezou cos traballos realizados pola chamada Comisión dos dezaseis. Esta comisión, integrada por representantes de diferentes formacións políticas con presenza en Galicia, presentou un texto profundamente modificado pola “Ponencia dos nove” e que sería aprobado na asemblea de parlamentarios galegos o 5 de maio de 1979. Xa no seu paso, último, polo Congreso dos Deputados, experimentou novas modificacións derivadas da sinatura do denominado “Pacto do Hostal” en setembro de 1980 que cristalizarían no texto definitivo posteriormente sometido a referendo do pobo galego.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 64 de 258
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212