Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • Xornada "Galicia. Corenta anos de autonomía (1981-2021)"

    Xornadas / Martes, 28 de Setembro de 2021.

    A aprobación do Estatuto de Autonomía para Galicia foi froito do consenso acadado entre os distintos actores políticos a través dun proceso que comezou cos traballos realizados pola chamada Comisión dos dezaseis. Esta comisión, integrada por representantes de diferentes formacións políticas con presenza en Galicia, presentou un texto profundamente modificado pola “Ponencia dos nove” e que sería aprobado na asemblea de parlamentarios galegos o 5 de maio de 1979. Xa no seu paso, último, polo Congreso dos Deputados, experimentou novas modificacións derivadas da sinatura do denominado “Pacto do Hostal” en setembro de 1980 que cristalizarían no texto definitivo posteriormente sometido a referendo do pobo galego.
  • Curso superior en ciberseguridade

    Cursos / Luns, 27 de Setembro de 2021.

    A Escola Galega de Administración Pública, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), convoca un curso en ciberseguridade dirixido ao persoal empregado público con perfís TIC (pertencente a escalas de sistemas e tecnoloxías da información ou que realice funcións TIC) do grupo A do persoal funcionario e dos grupos I e II do persoal laboral. 
  • Curso Ágora e Teco: manexo das aplicacións informáticas de xestión de procedementos parlamentarios, para persoal do Parlamento de Galicia

    Cursos / Luns, 27 de Setembro de 2021.

    De acordo co convenio de colaboración subscrito entre a Escola Galega de Administración Pública e o Parlamento de Galicia convócase o curso "Ágora e Teco: manexo das aplicacións informáticas de xestión de procedementos parlamentarios", dirixido en exclusiva ao persoal do Parlamento de Galicia.
  • A Escola convoca os e-martes do mes de outubro, centrados na contratación

    Xornadas / Luns, 27 de Setembro de 2021.

    Os martes 5 e 19 de outubruo terán lugar na EGAP, en Santiago de Compostela, dúas novas xornadas de formación práctica dixital (E-martes) que abordarán a contratación pública de Galicia a través dunha parte teórica común aos dous grupos de persoas destinatarias e dunha posterior parte práctica adaptada a cada grupo nas aulas de informática da escola.

  • O novo marco galego de competencias dixitais fortalecerá a capacitación do persoal empregado público e sitúa a Galicia na vangarda da adaptación aos estándares europeos

    Cursos / Martes, 14 de Setembro de 2021.

    A directora da Amtega, Mar Pereira, e a directora da Escola Galega de Administración Pública, Sonia Rodríguez-Campos, inauguraron esta mañá en Santiago de Compostela a XI edición do Curso Superior de Administración Electrónica, en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia (CPEIG)
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 63 de 256
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212