Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • Curso Lei xeral orzamentaria

    Cursos / Xoves, 22 de Setembro de 2022.

    A Escola Galega de Administración Pública, a través do Instituto de Economía Pública de Galicia, convoca un curso en teleformación que ten como finalidade que o alumnado se achegue á Lei xeral orzamentaria de xeito que poida adquirir ou, se é o caso, actualizar os seus coñecementos na materia.
  • Curso superior sobre auditoría no sector público

    Cursos / Xoves, 22 de Setembro de 2022.

    A Escola Galega de Administración Pública, a través do Instituto de Economía Pública de Galicia, convoca un curso dirixido a afondar no coñecemento, desde unha perspectiva aplicada, dunha das principais técnicas de control da xestión pública. En particular, preténdese proporcionar os instrumentos necesarios para desenvolver auditorías eficaces no seo das administracións. Para tal fin, analizarase todo o proceso dunha auditoría desde a súa planificación ata a execución do traballo e a elaboración de informes, a difusión dos seus resultados e o seguimento de recomendacións.
  • Webinario O réxime do funcionario interino tras o Real decreto lei 14/2021, do 6 de xullo, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público

    Xornadas / Mércores, 14 de Setembro de 2022.

    O próximo 22 de setembro, na modalidade de telepresenza, terá lugar na aula virtual da EGAP un webinario que analizará a reforma contida no Real decreto lei 14/2021, do 6 de xullo, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, e en concreto, o estudio do alcance que ten respecto do réxime do persoal funcionario interino.
  • A Xunta consolida unha administración dixital máis eficaz e eficiente a través da formación dos empregados públicos

    Cursos / Martes, 13 de Setembro de 2022.

    Esta mañá deu inicio o curso superior de administración electrónica, unha actividade que acadou unha demanda un 700% superior ao número de prazas ofertadas o cal pon de manifesto o interese da iniciativa por parte do persoal empregado público galego.
  • Curso de formación sobre plans de autoprotección por incendios forestais

    Cursos / Mércores, 7 de Setembro de 2022.

    De acordo co convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e a Central Sindical Independente e de Funcionarios de Galicia (CSIF Galicia) convócase un curso dirixido ao persoal empregado público da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia que estea en servizo activo no prazo de presentación de solicitudes ou que estivese prestando servizos durante o ano 2022 en actividades principais ou auxiliares na defensa, prevención e/ou extinción de incendios forestais, tales como peóns/oas forestais, bombeiros/as forestais, condutores/as de motobomba, emisoristas e vixilantes fixos.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 62 de 273
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212