Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • Concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas 2022

    A Escola / Martes, 18 de Xaneiro de 2022.

    Como un máis dos actos que a EGAP organizará para honrar as letras galegas, e especialmente este ano a Florencio Delgado Gurriarán, convócase, un ano máis, o premio de literatura infantil e xuvenil co obxecto de que os nenos e nenas galegos teñan a oportunidade de demostrar a súa capacidade para redactar en lingua galega e de exercitar a súa imaxinación para concibir historias e desenvolver as súas habilidades neste idioma.
  • Webinario O reto da COVID-19 na xestión do persoal nas universidades públicas

    Xornadas / Xoves, 13 de Xaneiro de 2022.

    O próximo 20 de xaneiro a EGAP impartirá un webinario destinado a analizar os problemas derivados da crise sanitaria na xestión dos recursos humanos nunha institución complexa como son as universidades, onde a presencialidade e o contacto cos usuarios é intenso, aínda que asimétrico, así como as solucións que se desenvolveron e as propostas de reforma ante unha situación coa cal é posible que haxa que convivir no futuro. Na exposición farase mención aos tres tipos de persoal que prestan servizo nas universidades públicas: o persoal docente e investigador, o persoal de administración e servizos e o persoal investigador e de apoio á investigación.
  • Publicado o Plan de formación para o ano 2022

    Cursos / Luns, 27 de Decembro de 2021.

    A EGAP publica no DOG do 27 de decembro as 674 actividades e 34.419 prazas de formación continua que serán convocadas ao longo do próximo ano. Estas accións están dirixidas en exclusiva ao persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, ao persoal das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, ao persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia, ao persoal ao servizo das entidades locais de Galicia e ao persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo).
  • Boas festas e feliz 2022

    A Escola / Xoves, 23 de Decembro de 2021.

  • Os fondos europeos de recuperación centrarán os contidos do próximo número da revista Administración & Cidadanía

    Publicacións / Martes, 21 de Decembro de 2021.

    Esta mañá reuníuse na EGAP e por videoconferencia o consello editorial da revista Administración & Cidadanía, dirixida pola directora da Escola, Sonia Rodríguez-Campos, para aprobar os contidos do volume 16 número 2 (xullo-decembro 2021)
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 59 de 256
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212