Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • A Escola convoca dúas actividades en teleformación en materia de economía pública

    A Escola / Mércores, 7 de Setembro de 2022.

    A Escola Galega de Administración Pública, a través do Instituto de Economía Pública de Galicia, convoca os cursos Política orzamentaria e desenvolvemento normativo e Retos públicos en materia económica, dirixidos ambos os dous ao persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das súas entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, das entidades locais de Galicia e de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia. 
  • Cursos para persoal dos entes instrumentais do sector público autonómico

    Cursos / Xoves, 1 de Setembro de 2022.

    A EGAP convoca accións formativas dirixidas ao persoal das seguintes entidades: Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A. (SPI Galicia), Fundación Cidade da Cultura de Galicia (FCC), Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, S.A.U. (Xesgalicia), Galicia Calidade, S.A.U., Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. (CRTVG), Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. (Sogama) e Redes de Telecomunicación Galegas (Retegal, S.A.).
  • Cursos do segundo semestre do Plan de formación do Servizo Público de Emprego de Galicia do ano 2022

    Cursos / Mércores, 31 de Agosto de 2022.

    A EGAP, en colaboración coa Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, convoca os cursos correspondentes ao segundo semestre do Plan de formación do Servizo Público de Emprego de Galicia do ano 2022 no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.
  • Curso superior en protección de datos

    A Escola / Venres, 26 de Agosto de 2022.

    Grazas ao convenio de colaboración asinado entre a Escola Galega de Administración Pública (en diante EGAP) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) convócase o Curso superior en protección de datos que comezará o 26 de setembro. 
  • Xornada de formación práctica dixital (E-martes) sobre notificacións electrónicas

    Xornadas / Xoves, 25 de Agosto de 2022.

    A EGAP convoca, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, unha nova xornada de formación práctica dixital sobre notificacións electrónicas que terá lugar o martes 13 de setembro. 
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 61 de 271
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212