Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • Curso para persoal delegado de protección de datos da Xunta de Galicia

    Cursos / Xoves, 24 de Febreiro de 2022.

    A Escola Galega de Administración Pública e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia convocan un curso para o persoal delegado de protección de datos nomeado ou cuxo nomeamento estea previsto a curto prazo, na Administración xeral da Xunta de Galicia, no sector público autonómico e órganos estatutarios. Tamén poderán participar as persoas que formen parte do equipo de apoio aos DPD nos ámbitos anteriormente indicados e outro persoal da Amtega con responsabilidades en materia de protección de datos.
  • Curso de formación en prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación

    Cursos / Mércores, 23 de Febreiro de 2022.

    A Escola Galega de Administración Pública e Cualtis, S.L.U. convocan un curso de formación en prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación dirixido ao persoal dos equipos de alarma e evacuación, de primeira intervención e de primeiros auxilios, así como o persoal que desempeñe a xefatura de emerxencia e/ou primeira intervención dos centros de traballo da provincia de Ourense indicados a continuación:
  • Webinario A Lei 10/2021, do 9 de marzo, reguladora da acción exterior e da cooperación para o desenvolvemento de Galicia

    Xornadas / Venres, 18 de Febreiro de 2022.

    A EGAP convoca, no marco do ciclo de conferencias sobre novidades lexislativas no ámbito autonómico,un webinario sobre a recente Lei 10/2021, do 9 de marzo, reguladora da acción exterior e da cooperación para o desenvolvemento de Galicia, que ten por obxecto a regulación da acción exterior do sector público autonómico fóra do territorio nacional español, así como establecer regras tendentes a facilitar a acción exterior das restantes entidades públicas galegas, a mellor coordinación e cooperación entre todas as administracións públicas galegas e a colaboración destas cos axentes privados galegos con presenza, proxección ou intereses no exterior.
  • A EGAP e o Issga convocan dous cursos de prevención de riscos laborais nivel básico

    Cursos / Xoves, 17 de Febreiro de 2022.

    A Escola Galega de Administración Pública e o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral convocan cursos en teleformación de prevención de riscos laborais de nivel básico para persoal empregado público, traballador por conta allea ou autónomo, empresario e persoa con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.
  • Convocadas as actividades de formación continua do primeiro semestre da Administración autonómica

    Cursos / Martes, 15 de Febreiro de 2022.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca 167 edicións e 6824 prazas en cursos de formación continua dirixidas ao persoal ao servizo da Administración xeral autonómica de Galicia, da Administración institucional e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico anunciadas na alínea a) do artigo 45 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 56 de 256
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212